Avatar
por Vigo Pesqueiro

O pasado 8 de agosto tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a un grupo de turistas procedentes de Alemaña, Barcelona, Madrid, e turistas locais de Vigo que aprecian a nosa gastronomía e a nosa historia.

Comezamos a visita cun percorrido polo Porto Pesqueiro de Vigo, aproximando aos participantes aos datos máis xerais dun dos enclaves pesqueiros de referencia en todo o mundo. Acto seguido, achegámonos ao duro traballo que realizan as “redeiras” no Porto, e explicámoslles como realizan o seu labor con dedicación e agarimo, arranxando e cosendo as redes dos barcos que chegan a porto.

A xornada finalizou visitando a lonxa de mariscos e vivindo en directo a poxa da navalla, ameixa fina e japónica e berberecho.

Na lonxa, esperábanos Jorge, técnico da Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo e biólogo que nos explicou o sistema de poxa, así como, as distintas especies que se comercializan de luns a xoves, e as distintas artes de pesca para capturar estes prezados manxares.

A visita deu comezo na entrada principal da lonxa, e acto seguido realizamos unha visita guiada polas instalacións para coñecer o sistema de poxa, a mercadoría e os actores principais.

A ameixa fina chegou alcanzar un prezo de 45 euros o quilo, que foi baixando considerablemente ata que alcanzou o prezo xusto para o seu comprador.

Desde Vigo Pesqueiro queremos agradecer a desinteresada colaboración de todas as entidades que fixeron posible esta visita, sen eles non sería posible alcanzar os obxectivos que o programa persegue: aproximar á cidadanía uno dos sectores máis importantes a nivel económico e social do noso territorio e que configuran a nosa identidade.

Para máis información sobre as nosas rutas, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao: 610312685



Related Post

Deja un comentario