Avatar
por Vigo Pesqueiro

O pasado 25 de Agosto tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a un grupo de 25 persoas procedentes de diferentes puntos de España e interesados locais de Vigo, que aprecian e teñen curiosidade polos nosos méritos en investigación mariña.

No IIM-CSIC, esperábanos Sonia Dios, Vicedirectora do IIM-CSIC, que nos presentou, cun breve vídeo, as diferentes áreas e departamentos de investigación ás que se dedica o centro. Os participantes percorreron as instalacións e acuarios do IIM-CSIC de Vigo, situado en Bouzas, e realizaron un taller sobre investigación cientifica, consistente en identificar as especies segundo a morfoloxía en microscopio das súas larvas.

A actividade dividiuse en dous grupos: un grupo visitaba os acuarios das instalacións do centro e descubría como se recolle a auga utilizada a máis de 2Km de distancia na Ría de Vigo; mentres o outro grupo realizaba o taller con dúas científicas especialistas en investigación mariña, que explicaron a captura de mostras, reprodución, nacemento e metamorfose das especies obxecto de estudo. Posteriormente, os grupos intercambiáronse e así tódolos asistentes puideron realizar o percorrido completo.

Desde Vigo Pesqueiro queremos agradecer a desinteresada colaboración de todas as entidades que fixeron posible esta visita, sen eles non sería posible alcanzar os obxectivos que o programa persegue: aproximar á cidadanía a un dos sectores máis importantes a nivel económico e social do noso territorio e que configuran a nosa identidade.

Para máis información sobre as nosas rutas, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com  o u chamando ao: 610312685



Deja un comentario