O mércores 25 estivemos cun grupiño de Hungría e o xoves 26 cun Liceo de Burdeos que estaba de intercambio co instituto Castelao de Vigo.
Ámbolos grupos estaban interesados en visitar o Porto do Berbés, por ser como eles mesmos definiran, “o atractivo máis importante da cidade” .
Ao final da visita entenderan que Vigo non existe sen o porto, e o porto non existe sen Vigo.
Sorprendéranse dos variados oficios que conviven, dende carrexóns a redeiras, pasando por carretilleiros, armadores, mariñeiros, etc ….sen esquecernos dos cetreiros, que pasean polas lonxas coas suas aguias de Harris, espantando ás moitas gaivotas que tanto molestan nas descargas…
un senfín de xente traballadora que fan de Vigo un cidade que nunca durme…
Tratábase da primeira vez que visitaban Vigo, e esperamos que non sexa a última!
köszönet a bizalomért!!
Merci pour la confiance!!
O noso “Percorre” levounos polas lonxas de baixura e grandes peces, e pola lonxa de altura, onde puidemos achegarnos ás especies que se descargan e ás artes utilizadas, así como ás areas de pesca; decotándonos de que a flota galega ten caladoiros “En todos os mares do mundo”
Os dous días tivemos un broche de ouro para o peche da actividade, visitando “López Novoa, Pescados y Mariscos”. Non temos palabras para agradecer a súa amabilidade.
O mércores o noso guía foi Jose, un operario da casa. Os VigoPesqueiros quedaron abraiados coas especies dos viveiros e as súas curiosidades, así como as diferenzas entre especies da Ría ou de importación: centolas, bois de mar, lagosta ou lumbrigantes, entre outras…
… ata tivemos oportunidade de observar as orellas de mar! Unha visita súper completa
No caso do grupo do xoves, o noso guía foi Juan, xerente da empresa.
Tanto a Jose como a Juan, queremos agradecerlles a súa inestimable colaboración
Alén dos viveiros, visitamos todas as instalacións: cámaras de frío e conxelado, salas de despece, salas de cocción, de empaquetado,… unha cadea perfectamente organizada que sitúan ao noso colaborador López Novoa na vangarda deste sector.
Dende FUNDAMAR e o seu programa Vigo Pesqueiro continuaremos coa nosa misión de aproximar a cidadanía, sexa cal sexa a súa nacionalidade, o noso fermoso e inigualable patrimonio pesqueiro.
Anímaste a vir connosco?
Aquí podes ter toda a info:
Telf.
610 312 685//e-MAIL: info@vigopesqueiro.com
#porto pesqueiro
#halászati kiköto
#port du pêche