Avatar
por vigo_pesqueiro

O pasado 4 de Setembro camiñamos desde a Rúa da Ribeira do Berbés, falando da Rúa Real, Basílica de Santa María, Oliva, Gamboa, atravesamos a Rúa Carral, Victoria, a Alameda, o Areal, e chegamos a Avda. García Barbón xa anoitecendo. Foron case dúas horas e media de explicacións ó longo deste treito, andaina e peregrinación buscando as sinais do Camiño santiagués, coma no emprazamento da antiga Porta da Gamboa, ou os tres postes de pedra do Xacobeo na zona portuaria do Areal. As nosas participantes quedaron satisfeitas coa Ruta, ata tal xeito, que uns días despóis apuntáronse a repetición da Parte I do Camiño desde Alcabre ata o Berbés.



Deja un comentario