Avatar
por Vigo Pesqueiro

A edición número 18 de Conxemar volveu a superar as cifras de visitantes. A que xa se estabilizou como a segunda feira máis importante de Europa, excedeu unha afluencia de 30.000 persoas e marcou unhas cifras de negocio de 1.800 millóns de euros.

A presenza de profesionais de 108 países abarrotou os 32.000 metros cadrados das instalacións de IFEVI (cuxa ampliación parece cada día máis necesaria), pero tamén se fixo notar na propia cidade, ponendo o cartel de completo en practicamente a totalidade de establecementos de hostalería de toda a nosa comarca.

A organización paralela dun congreso da FAO ou a colaboración do Aeroporto para facilitar a estancia, son dous exemplos máis de que Conxemar pugna por converterse na feira de referencia para este sector; algo que coa colaboración das nosas institucións e empresas é un obxectivo asumible e lóxico para unha cidade que é a capital mundial da pesca.



Related Post

Deja un comentario