Avatar
por Vigo Pesqueiro

Calendar November 2016 week starts from Sunday, stock vector

Neste sábado volvemos poñer en marcha unha das nosas rutas PERCORRE. Nestas rutas partimos da Oficina de Turismo de Cánovas do Castelo, para realizar un percorrido no que iremos coñecendo os aspectos máis curiosos do Vigo pesqueiro, especialmente pola zona do Berbés, que é a orixe do noso porto. A continuación entramos nas instalacións do Porto de Vigo e visitamos un barco de pesca de altura, neste caso un gran buque conxelador chegado das Malvinas.

En toda a visita, dunha hora e media de duración, acompañaranos unha guía especializada en Turismo Industrial, quen será encargar de ir descubríndonos todos os segredos da pesca extractiva e en xeral de toda esta industria que fixo grande á nosa cidade.

Información e reservas en info@vigopesqueiro.com e no teléfono 610 312 685.

Esperámosvos!



Related Post

Deja un comentario