Avatar
por vigo_pesqueiro

As actividades desenvolvéronse o venres 18 e o sábado 19 de decembro, e contará coa presenza de distintos axentes relacionados coa cultura, o lecer e inclusión así como creadores/ as de contido dixitais referencia.

Co apoio da Deputación de Pontevedra,  FUNDAMAR, a través do programa de actividades Vigo pesqueiro, realizou dous  FAM  TRIPs (actividades de familiarización)  o 18 e 19 de decembro de 2020, dirixidos a axentes dinamizadores do sector turístico e responsables de departamentos de lecer e formación de entidades de colectivos en risco de exclusión, así como creadores de contido dixital, coa finalidade de promocionar os recursos  visitables e as actividades que se realizan no marco do programa Vigo Pesqueiro, promovendo a difusión do patrimonio histórico, cultural e industrial da nosa cidade en torno do sector mar-industria.

Entre os participantes, se encuentraron, ademais de responsables de entidades de colectivos en risco de exclusión, como “Down Vigo”, “ APAMP”, “FEAFES” ou “ ACCEM”;  creadores/ as de contido dixital a nivel autonómico, como “ Alvientooo”, “ Turvegal”, “ MecomoVigo” , “ Vigopeques”, “Unha idea, unha viaxe”, “Unha viaxe creativa” ou” bonitalavidaviviendovigo” ou “ Mematalacalma”, ademais de diferentes medios de comunicación e axencias de viaxes.

O percorrido guiado deu comezo no Porto Pesqueiro do Berbés visitando algún dos recursos máis destacables como un buque de pesca conxelador recentemente chegado de Malvinas  e un viveiro de mariscos. O percorrido continuou por Beiramar ata Bouzas, Canido, volvendo por Museo do Mar, Tomás Alonso e  Jacinto Benavente, como mostra do patrimonio de Vigo vinculado ao sector pesqueiro. A última parada foi Guixar, antes de regresar ao Berbés.



Deja un comentario