Avatar
por vigo_pesqueiro

O pasado 14 de agosto percorrimos a pé o tramo do Camiño Portugués da
Costa desde o Museo do Mar de Galicia ata o Berbés. O obxetivo foi mostrar os valores patrimoniais e industriais ó carón desta Ruta Oficial de Peregrinación, co fío conductor do camiño que tantos peregrinos andiveron co paso dos séculos.

MONUMENTO Ó PESCADOR NA PRAZA DA RIBEIRA DO ESCULTOR ALFONSO VILLAR DE 1955

Durante o percorrido fomos descubrindo o porqué de Bouzas e a súa lenda do Cabaleiro das Cunchas, arraigada na historia da tradición Xacobea. A pesca, o marisqueo, a construcción naval, as empresas do sector marítimo só fixeron que unha actividade disfrazada de andaina, mudase nunha visita de Turismo industrial ca experiencia vivida de sentir as vicisitudes deste entorno, ou sexa, ruídos das máquinas, ir e vir dos operarios nun día laborable, e ademáis os varios kilómetros que xa levávamos nos pés. Asemesmo, os traballadores e traballadoras que durante decenios, incluso desde o período decimonónico, cimentaron este entorno urbán no centro dunha cidade coma Vigo, con 300.000 censados, e dimensións alén do noso termo municipal quedaron retratados nesta pintoresca e peregrina actividade ó aire libre!

MURAL EFÍMERO NO CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUÉS DA COSTA

Pero non imos desvelar máis porque a idea é repetir a actividade en breve debido a que temos que incidir en que o Camiño vai pola Costa de Vigo



Deja un comentario