Avatar
por vigo_pesqueiro

O 20 de abril,  e despois de dous aprazamentos debido ao duro inverno que tivemos,  fixemos o obradoiro de marisqueo na praia de Bouzas co alumnado de 4  e 5 anos do Colexio Sobreira de Valadares.

Ás 10:00 da mañá dun día moi soleado comezaba a nosa actividade;  @s alumn@s chegaban á praia de Bouzas, e despois das presentacións de rigor cos mariscadores de Vigo, acompañamos ao numeroso grupo, de 48 nen@s a coñecer o entorno e inmediacións da praia.

Percorrimos o paseo e convidámoslles  a fixarse nos animais, nas persoas, nas embarcacións e todo o que nos rodeaba en torno ao banco marisqueiro.

Unha vez de volta na praia, e coa axuda dos mariscadores e os adhesivos do mural de Vigo Pesqueiro nas Aulas, foron identificando todos os axentes que interveñen na actividade do marisqueo a pé e que se poden atopar ao redor da praia, moitos deles xa comentados no percorrido previo.

De paseo por el entorno de la playa

 

Cada nen@ colocou o seu adhesivo no lugar correspondente do mural. Así, as aves colocábanas no ceo, os barcos e os peixes no mar, os cangrexos na area, etc.

Que bonito lles quedou!

Posteriormente, e cos conceptos ben aprendidos, os mariscadores explicáronlle que ferramentas se utilizan no marisqueo para a extracción dos bivalvos: o raño , o angazo … e por parellas, os alumn@s puideron utilizar as técnicas e utensilios do marisqueo a pé para buscar e recolectar ameixas na area

Asemade, tiveron tempo para xogar e disfrutar da area, facer castelos,  limpar a praia e tomar a merenda escapando do duro sol, ao lado da Igrexa de Bouzas.

Moi agradecidas ao Colexio Sobreira de Valadares pola confianza, e a Asociación de Mariscadores de Vigo por colaborar con Vigo Pesqueiro nas Aulas.

Deica pronto!

 



Related Post

Deja un comentario