Avatar
por vigo_pesqueiro

Este pasado sábado realizamos unha das nosas actividades  “ Percorre Porto + Viveiro de Mariscos” cunha parella do País Vasco. Tratábase dunha sorpresa de aniversario e converteuse nunha orixinal e completa “experiencia para dúas persoas”. Estaban aloxados no Hotel Bahía, así que alí comezamos a visita.

A nosa primeira parada foi na Ribeira do  Berbés, onde xa desde o  século XII e sobre un areal atopábase o orixinal porto pesqueiro. Observando os soportais das casas mariñeiras, imaxinámonos como podería ser a vida neste areal non hai tanto tempo atrás:   gamelas,  carrexóns,  patelas,  regatonas coa venda do peixe, redes estendidas na praia…

Continuamos  a nosa singradura entrando no Porto Pesqueiro. Dúas postais ben distintas, a dunha cidade que pasou de ser un pequeno porto pesqueiro en torno ao  Berbés  a desenvolverse de forma exponencial nos anos 60 grazas ao esforzo das persoas que xuntaron forzas ata conseguir converter a nosa cidade na capital europea da pesca.

Os nosos visitantes estaban realmente sorprendidos cos centos de empresas que se asentan no espazo portuario , así como as dimensións das Lonxas e de toda a frota que ten base no Porto de Vigo.

A nosa seguinte parada sería no viveiro “López Novoa Pescados e Mariscos de Galicia” , unha empresa familiar na que distintas xeracións, de distintas épocas, pero cun mesmo obxectivo común, fusionáronse  para achegar á empresa o mellor de cada unha delas. Centolas,  bogavantes,  bois de mar ou nécoras, son algunhas das especies que alí continúan co seu  proceso de crecemento nutríndose con auga proveniente directamente da ría.As súas cámaras frigoríficas son das máis modernas que existen, unha para o produto fresco e outro para o conxelado. Visitamos tamén as súas salas de elaboración e  empaquetado desde onde se distribúe o sabor das nosas rías a todos os recunchos do planeta.

A finalización da visita sería xunto á escultura de Jules Verne, autor que  inmortalizou a nosa ría e os seus tesouros na literatura universal coa súa obra “ Vinte mil leguas de viaxe submarina”. Continuamos visitando as fermosas prazas, como a da Constitución ou a da Princesa e admiramos a fantástica escultura de Francisco Leiro “O  Sireno”.






A visita continuaba de regreso ao centro histórico, o noso “Casco Vello” , deixamos a ribeira do  Berbés e subimos a rúa Real entendendo o significado de “ Berbés” este vocábulo  prerromano que nos vén a dicir: “con moitas costas”.  Na antiga Imprenta  Compañel, falamos de Rosalía de Castro e do Día dás Letras  Galegas . Os nosos participantes comentáronnos que coñecían ben esta celebración debido a que no seu pobo de orixe, Eibar, as festas galegas son as máis destacadas.



Deja un comentario