VISITAS GUIADAS
PESCANDO POR TODOS OS MARES DO MUNDO
RUTA 1: A pé
Punto de encontro: oficina de Turismo de Vigo
A través desta ruta introduciremos o visitante no mundo da pesca e a importancia que ten dentro do territorio. Ademais de visitar o casco vello, o Mercado das Ostras, falar da heroica reconquista aos franceses, de Xulio Verne e as súas 20.000 leguas de viaxe submarina e do pirata Drake, veremos o sector dende dentro!
- Entraremos nas instalacións do Porto de Vigo.
- Visitaremos un barco pesqueiro.
- Coñeceremos unha planta elaboradora ou unha cetaria.


RUTA 2: Visitas escolares a pé
Ruta didáctica dirixida a escolares para coñecer tanto a historia como a realidade actual da actividade guiada polo Porto Pesqueiro de Vigo.
Esta actividade estará enmarcada no programa das competencias traballadas na aula. Os escolares terán un papel activo e contarán con material lúdico-didáctico para traballar, xunto co profesorado, antes e despois da visita co fin de reforzar algúns conceptos e ideas: artes de pesca, especies, caladoiros, evolución tecnolóxica, fitos históricos.

RUTA 3: En autobús
Coa ruta do AUTOBÚS TURÍSTICO «Vigo Pesqueiro» poderemos:
- Percorrer as instalacións do Porto de Vigo.
- Descubrir un barco pesqueiro/planta elaboradora/cetaria ou un estaleiro
- Achegarnos á vila mariñeira de Bouzas.
- Visitar o MUSEO DO MAR.


PROMOVE:


FINANCIAN:


COLABORA:

SUBSCRÍBASE Ó NOSO BOLETÍN
En Vigo Pesqueiro temos moitas cousas que contarte, así que non perdas ninguna nova, novidade, evento ou proxecto que realicemos.
MOITAS GRAZAS A TÓDALAS INSTITUCIÓNS, ASOCIACIÓNS E EMPRESAS QUE COLABORAN NESTE PROXECTO QUE TEN POR OBXECTIVO MOSTRAR A ESENCIA DA NOSA CIDADE E O MODO DE VIDA DAS NOSAS XENTES.























