Avatar
por Vigo Pesqueiro

No pasado mes de xullo, presentamos o que soamente era un proxecto. Vigo Pesqueiro achegábase por primeira vez ao salón de actos de Fundamar/ARVI para mostrarse aos sectores turístico e pesqueiro da nosa cidade.

Nunha xornada partida, comezamos a mañá cunhas charlas informativas de presentación deste novo produto de turismo industrial dirixidas a todos os membros do sector pesqueiro, aos que queriamos facer partícipes do proxecto.

Realizouse unha exposición dos nosos obxectivos e o noso programa para levalos a cabo. A concelleira de turismo, Ana Laura Igrexas e o presidente de Fundamar, Javier Touza foron os encargados de dar a benvida ao proxecto. José A. Marcote, como asistencia técnica, falounos de exemplos de éxito no desenvolvemento doutros produtos similares, acompañado polos vogais de Fundamar, Manuel Bastón de CCOO e José Luis Figueroa de UXT.

A xornada de tarde, estaba dirixida ás empresas de turismo, lecer e hostalería.

Por parte de Fundamar, a xerente, María Caldeiro, e o vogal e representante de UXT, José Luis Figueroa, secundaron a Alexandra Touza, asistente técnica do proxecto.



Related Post

Comments 1

  1. Avatar

    Canadian Pharmacy Clonidine Vademecum O Propecia Deltasone Blogs viagra Azithromycin Vs Zithromax

Deja un comentario