Avatar
por vigo_pesqueiro

O pasado 11 de Septembro desenrolamos unha andaina de xeito vertical e hacia abaixo percorrendo os exteriores dos edificios que construiron no século XX, e que aínda quedan no centro de Vigo, os empresarios da industria do mar, sobre todo conserveiros, donos de asteleiros, antigas familias provintes dos fomentadores cataláns e as súas fábricas de salgaduras, etc.

Empezamos polo edificio Albo, baixamos hacia a Avda. García Barbón para recoñecer O Rañaceos de Vigo (Curbera, anos 40), percorrimos a avenida onde por certo se atopa a antiga Metalúrgica, para chegar, pero por distinto sentido, o cruce dos catro bancos e recordar o de Vigo. Nesa Rúa Colón contemplamos o edificio Ribas, e máis abaixo outro da familia Barreras – Ribas que tamén construíu o arquitecto Francisco Castro Represas co seu axudante Pedro Alonso nos anos corenta e en estilo Racionalista, coma os anteriores nesta ruta arquitectónica.

Xa na Alameda, comentamos os edificios Massó, e acabamos enfronte do R.C. Náutico.



Deja un comentario