Avatar
por Vigo Pesqueiro

En Porto de Vigo está a alcanzar no mes de setembro as súas mellores cifras de tráfico de cruceiros. A semana do 17 ao 23 de outubro resultou a máis proveitosa do exercicio, cuns 23.000 pasaxeiros recalando na nosa cidade. Isto foi posible grazas á chegada de buques de gran porte, como o Independence of the Seas, ata hai pouco o maior cruceiro do mundo.

O Azura, o Ventura, o Navigator of the Seas ou o Queen Vitoria son algúns dos fermosos paquebotes que chegaron nestas últimas semanas ou que están a piques de facelo para completar un exercicio notable.

Proxectos como o de converterse no primeiro porto de España capaz de fornecer gas natural licuado (GNL) aos cruceiros durante a súa atracada, contribúen a relanzar a nosa posición nun mercado cada día máis competitivo e no que é preciso manterse activo e ofertar novidades para non perder cota.



Related Post

Deja un comentario