Avatar
por Vigo Pesqueiro

O pasado 18 de Xullo tivemos a oportunidade de guiar con Vigo Pesqueiro, a unha blogger gastronómica Polaca; unha ?Foodie? con moito interese pola nosa gastronomía, os nosos produtos e a nosa historia.

Comezamos a visita cun percorrido polo Porto Pesqueiro de Vigo, aproximando aos participantes aos datos máis xerais dun dos enclaves pesqueiros de referencia en todo o mundo. Acto seguido, dirixímonos a visitar a López Novoa, empresa que leva no Porto máis de 35 anos vendendo produto da máis alta calidade tanto para o mercado nacional como para o internacional.

Visitaron a lonxa de baixura e altura, e descubriron da man do armador do MARGEL, un buque palangreiro de superficie que faena en augas internacionais e que conta con máis de 25 metros de eslora.

Marta e a súa familia puidéronse achegar ao duro traballo que realizan as ?redeiras? no porto, e explicarlles como realizan o seu labor con dedicación e agarimo, arranxando e cosendo as redes dos barcos que chegan a porto.

Posteriormente achegámolos á zona de Bouzas, a vila mariñeira por excelencia da área metropolitana de Vigo, e que reflicte claramente a tradición e costumes dos seus residentes ligados ao mar. Nesta zona puideron observar outra parte fundamental para o sector pesqueiro: os estaleiros.

A xornada finalizou visitando a lonxa de mariscos e vivindo en directo a poxa da navalla, ameixa fina e japónica e berverecho.

Desde Vigo Pesqueiro queremos agradecer a desinteresada colaboración de todas as entidades que fixeron posible esta visita, sen eles non sería posible alcanzar os obxectivos que o programa persegue: aproximar á cidadanía uno dos sectores máis importantes a nivel económico e social do noso territorio e que configuran a nosa identidade.

Para máis información sobre as nosas rutas, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao: 610312685



Related Post

Deja un comentario