Avatar
por vigo_pesqueiro

Durante os meses de xullo e de agosto de 2020 os participantes de Special Olympics como nos últimos anos, percorreron algúns dos espazos emblemáticos que temos, o Parque Forestal de Beade, o Parque da Riouxa, o Parque do Castro, o Museo da Conserva, e unha travesía marítima ó interior da Ría de Vigo.

Sen dúbida o paseo en catamarán foi a actividade máis salientable, xa  que ó engadido de Turismo Industrial que teñen estes  minicruceiros polo litoral vigués,  hai que valorar a implicación do Turismo Mariñeiro dos  pasaxeiros con toda unha vivencia de navegación.

Outra visita que abraiou foi a do Castro, ca súa Fortaleza en adecuación  nestes momentos nunha posta en valor nunca antes coñecida nun dos nosos monumentos máis visitados polos turistas. Os miradoiros postos en valor  como dinamizador turístico, os xardíns da Ruta da Camelia, as vistas ó Porto de Vigo, o esparcemento no gran pulmón verde do centro da urbe olívica, a vida animal, as formas ornamentais, os recordos da Batalla de  Rande, o xacemento castrexo, as pescantinas no recordo, a historia  visual e a historia lembrada do que noutrora foi unha vila de orixe  humilde e mariñeira e agora é un maremagnum de anécdotas.

Tamén as excursións ó Parque Forestal de Beade non deixaron máis que unha pegada que perdurará na memoria dos nosos visitantes, e nunca mellor dito, xa que realizamos varios treitos dos sendeiros que se unen neste tamén espazo medioambiental de primeiro orde no noso Concello: o PRG 5 ou Sendeiro do Río Eifonso, onde camiñamos os últimos metros da ruta. O GR 53 ou Sendeiro Panorámico de Vigo, asemesmo, percorrendo un kilómetro aproximadamente, o GR 58 ou Sendeiro das Greas, coincide co

Gran percorrido vigués nesta parroquia de Beade, a senda local de Beade a Bembribe. Como non podía ser doutro xeito, no miradoiro novo recordamos as cerdeiras do Jerte Galego, e a lembranza do século pasado na Rúa Real de Vigo e a famosa leiteira servindo ás cinco da mañá augardente cunha guinda de Beade, e con forma de corazón ós mariñeiros e pescadores en xeral, do Berbés.  O lecer neste monte próximo o CUVI permítenos ofrecer un espazo para xantar ou descansar da actividade de Turismo Activo.

Outra visita pintoresca foi a do Parque da Riouxa, doutro arquitecto catalán, Ricardo Boffil (pai), do ano 92, ca Pérgola inspirada na arquitectura Grega, as paixases á Frigalsa, Nova Pescanova, o estaleiro do Grupo Rodman, o Monte da Guía, e, en xeral, os arredores de Teis na Ría embarcounos nunha hora de diversión onde os nosos amigos cantaron no anfiteatro o aire libre, percorreron o bosque anexo, coñeceron a cancha da Petanca e Chave, escoitaron fabular sobre a fonte, a súa estatua, a Pérgola, os estanques de rás, o paseo miradoiro, e un sinfín de vivencias baixo un tórrido calor de verán do 2020.

Cando non foi posible realizar algunha das actividades ao aire libre porque o tempo non nos acompañou, visitamos o Museo da Conserva, o que agradecemos a súa xentil atención. Descoñecido para moitos vigueses e viguesas, lembrounos como a industria chegou do mar e a importancia que tiveron as empresas conserveiras na cidade e a súa pegada na arquitectura, Alfageme que aínda a temos en Beiramar – Tomás  Alonso, o rañaceos de Curbera, o laureado catalán Miralles no edificio do mesmo nome na Cidade universitaria foi outra visita, e moito máis que fomos descubrindo no entorno museístico.

Para FUNDAMAR, a través do seu programa Vigo Pesqueiro, é un pracer achegar a importancia do sector mar-industria dun xeito inclusivo, integral e disruptivo e que a entidade Special Olimpics e o Concello de Vigo conten connosco para elo.



Deja un comentario