Avatar
por Vigo Pesqueiro
Este sábado, acompañados da responsable do Museo ANFACO e dun bonito día de outono, tivemos a oportunidade de percorrer as rúas da antiga vila de Bouzas, penetrándonos no seu patrimonio histórico e industrial. O percorrido comezou na antiga fábrica conservas de peixe de Bernardo Alfageme, que condensa a historia industrial da cidade olívica por tratarse do seu edificio fabril máis emblemático e simbólico, depositario da memoria do traballo viguesa e mellor exemplo de arquitectónico do período de entreguerras, cando os industriais construíron os grandes edificios fabrís tipo “palacios” cos beneficios obtidos na 1ª guerra mundial. Alfageme é obra do afamado arquitecto Gómez Román en 1928, o conxunto integra a casa familiar, almacén e vestiarios con zona axardinada, a entrada principal está situada na rúa Tomás Alonso. A fábrica de conservas de Bernardo Alfageme é unha das mellores mostras de arquitectura industrial que hai na nosa cidade e elemento máis que necesario para contar a historia contemporánea de Vigo.
IMG-20171125-WA0009
Despois, dirixímonos cara ao paseo de Valentín Paz Andrade, pasando pola Alameda de Bouzas, nesta parte do percorrido penetrámonos na pesca, esencia histórica deste barrio; lembramos as artes e embarcacións de pesca tradicionais, e como os patróns de pesca bouceneses adoptaron rapidamente as innovacións nesta materia, desde a traíñas e os seus cercos de jareta ás pesca de arrastre en parellas, ocasionando fortes conflitos cos mariñeiros doutras lugares da ría. Todo iso a través das pinturas nos azulexos dunha das casas que nos atopamos no camiño: a historia da pesca de Bouzas en tres imaxes. A tradicional pesca do xeito, a traíña e finalmente a chegada do barco de vapor.
03-IMG_2516
01-IMG_2514
02-IMG_2515
Antes de dar co paseo penetrámonos no barrio mariñeiro de Bouzas, barrio singular na toponimia arquitectura, idiosincrasia e estrutura onde nos valemos das imaxes e curiosidades recollidas no libro de Puri Pérez Leirós, “Bouzas olladas salgadas”.
06-IMG_2519
Bouzas é unha vila mariñeira que viu nacer e crecer a armadores, pescadores, empresarios, escritores… e segue no presente lembrándonos que “a nosa historia provén do mar”.
12-IMG_2525
Moitas grazas a Mariña, por acompañarnos e ensinarnos tanto; e moitas grazas aos nosos amig@ s de Vigo Pesqueiro, polos momentos, as fotos, as achegas…
Ata pronto!


Related Post

Deja un comentario