O pasado 2 de Xuño, Vigo Pesqueiro conquistou unha das Illas máis emblemáticas e polémicas da ría de Vigo: a illa de Toralla . Os participantes de Vigo Pesqueiro tiveron a ocasión de coñecer a Estación de Ciencias Marinas de Toralla (ECIMAT) da Universidade de Vigo.
A ECIMAT foi inaugurada no 2006 dando resposta ás necesidades da Universidade de Vigo por achegar as súas instalacións ao mar. ECIMAT está integrado por 18 grupos de investigación que agregan a un conxunto de 191 persoas, das cales 70 son investigadores de persoal, 25 investigadores postdoctorales, 80 investigadores predoctorales e 16 Técnicos.
A ECIMAT-Universidade de Vigo presta servizos de apoio para a realización de actividades de investigación de temática mariña, tanto procedente da Universidade de Vigo como doutras institucións públicas ou privadas.
A Estación conta con tres tipos de espazos distintos: zonas cedidas a grupos de investigación da Universidade de Vigo, zonas comúns a todos os usuarios e zonas de servizo accesibles só ao persoal da estación.
Os participantes puideron acceder a distintos espazos como laboratorios, salas de cultivo e acceder ao pantalán que ten a Estación e que utilizan para saír a tomar mostras e facer o traballo de campo.
Unha vez finalizada a visita á ECIMAT os participantes fixeron un pequeno recorrido pola illa. Toralla conta cunha extensión aproximada de 45.000 m2 de propiedade privada e 24.400 m2 de terreo de dominio público cedidos en concesión á Universidade de Vigo.
Nela viven aproximadamente 190 familias repartidas entre vivendas unifamiliares e o edificio de 20 plantas coñecido por “Torre de Toralla”, en total a illa alberga a unhas 800 persoas.
Desde Vigo Pesqueiro queremos agradecer ao equipo humano da ECIMAT polo seu amable e inestimable colaboración. O acceso a instalacións como a súa é a que nos permite ter un maior coñecemento do sector pesqueiro e todos os actores que no interveñen.
Para máis información sobre esta ruta, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao: 610312685