Tras o descanso do mes de xaneiro, que utilizamos en temas organizativos, volvemos poñer en marcha un calendario moi completo e cheo de alternativas.
Comezamos o mes de febreiro cunha actividade do noso “PERCORRE”. Nesta ocasión ademais dos fitos do Vigo Pesqueiro, visitaremos unha cetaria con máis de 35 anos anos de experiencia e que estendeu a súa capacidade comercial fora das nosas fronteiras.
Será o sábado 4 de febreiro, a partir das 11:15h, partindo desde o lugar de costume da Oficina de Turismo de Vigo.
O seguinte sábado, 11 de febreiro, teremos unha nova actividade de PERCORRE, neste caso coñeceremos o Bouzas Industrial.
O sábado 18 teremos xornada dobre de PERCORRE con dous grupos pechados, ás 11.30h recibiremos ao Club Ferrari de Galicia e ás 16:30 ao grupo Down Vigo.
O mes finaliza cunha actividade de “DESCOBRE”, neste caso imos coñecer a antiga ETEA, unha visita chea de tradición, respecto e agarimo por parte da asociación Marinetea; será o sábado 25.
Esperámosvos! Información e reservas: info@vigopesqueiro.com – T. 610 312 685