Avatar
por Vigo Pesqueiro

O luns 24 de outubro de 2016 é unha data clave no noso proxecto de turismo industrial, xa que nese día fixouse a realización dunha visita piloto que contará coa presenza de diversas autoridades e dos medios de comunicación.

Realizarase un exemplo reducido dunha das nosas rutas polo porto pesqueiro, incluindo a posibilidade de coñecer por dentro como é un dos nosos barcos pesqueiros que percorren os mares do mundo.

Posteriormente á visita, dirixirémonos ás instalacións de Fundamar para pechar o acto e informar sobre a realización o mércores 26 do primeiro Congreso de Turismo Internacional Galicia-Norte de Portugal, co que finalizará o noso período de posta en marcha.



Related Post

Deja un comentario