O pasado mércores 19 de marzo os nosos amigos/as de Vigo Pesqueiro tiveron a oportunidade de coñecer a “Axencia Europea de Control de Pesca”, unha peza fundamental no sector, e exemplo de razón pola que Vigo é considerada como a capital europea do sector pesqueiro.
A súa sede atópase na rúa García Barbón, no “Edifico Odriozola”, realizado polo arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros en 1.875; conta cunha elegante fachada, orixinal, e é un bo exemplo da arquitectura burguesa da cidade. Recoñecerédelo pois aí vedes ondeando a bandeira europea.

Patricia, responsable de comunicación, deunos unha cálida benvida e acompañounos ata a sala onde ía ter lugar a actividade. De camiño, respirábase un ambiente moi internacional, e decatámonos da actividade frenética da Axencia: con todas as salas ocupadas con reunións, seminarios, e formacións con participantes chegad@s de toda Europa.
A sala contaba cun fermoso marco iluminado, facendo referencia a esa carpintería de ribeira, recén protexida como “ben de interese cultural”, nel, dúas dornas: “Habana” e “Bicoca”
Dende Vigo Pesqueiro queremos agredecer a cálida acollida que nos deron Patricia, responsable de comunicación, Miguel Nuevo, xefe de área e coordinación, e por suposto, a Pascal Savouret, director executivo, quen contando cunha apretada axenda de traballo cedeunos parte do seu tempo para darnos a benvida e comezar a explicación sobre o labor da axencia, a súa estructura, como funciona e a quen benefician as súas acción.
Na Unión Europea existen distintos tipos de Axencias; A Axencia Europea de Control Pesqueiro creouse en 2005, e a función principal é a de velar pola correcta aplicación da política pesqueira común da Unión Europea. Nela traballan 63 persoas e están representadas 19 nacionalidades.
Faláronnos das ferramentas que se usan para perseguir a pesca ilegal, por terra, mar e aire; contáronnos como o sistema que se usa é moi dinámico e se clasifica por nível de risco, e de como os distintos países realizan actuacións conxuntas para un mellor uso de medios humanos e materiais. É unha tarefa complicada posto que nalgúns países a responsabilidade de guardacostas correspóndelle a distintas administracións.
Outras das máis importantes funcións que realiza a Axencia é a Formación: formando aproximadamente 900 inspectores ao ano; apoian tamén aos denominados terceiros países, ademáis de na área de formación, na de lexislación, equipamento e operación.
¿Sabedes cantas inspeccións realizan anualmente? Pois atent@s ao dato: 27.000!! e ainda que non o pensedes as tarefa da Axencia Europea de Control de Pesca é un servizo moi económico posto que nos sae a 4 céntimos por cidadán europeo.
Dende Vigo Pesqueiro e FUNDAMAR, como promotor do programa, queremos agradecer tamén aos participantes por apoiar a actividade e por suposto á Axencia por recibirnos e amosarnos un pouco máis sobre o mundo da pesca sustentable.