
CLUB VIGO PESQUEIRO 2026
Fecha:
01/01/2026
Hora:
09:00Sitio:
FUNDAMAR
PORTO PESQUEIRO, S/N - Edif. Ramiro Gordejuela Vigo Spain
CLUB VIGO PESQUEIRO 2026
Interésache coñecer o mundo marítimo e o sector pesqueiro? Gustaríache coñecer de preto todas as súas características e segredos? Queres apoiar o programa Vigo Pesqueiro e achegar ideas para as súas actividades e visitas? Pois enrólate no CLUB VIGO PESQUEIRO 2026 e descubre moito máis sobre o mar, a pesca e o marisqueo!
Percorridos pesqueiros, obradoiros científicos, visitas a diferentes instalacións portuarias e do sector marítimo-pesqueiro, charlas, feiras e moitas máis actividades.
Ao formar parte do Club, poderás gozar de todas elas de maneira PRIORITARIA, ademais de beneficiarte de DESCONTOS e outras VANTAXES exclusivas durante todo o ano 2026:
- – Participación gratuíta en 3 actividades Vigo Pesqueiro, a escoller ao longo do ano 2026. (A actividade pode realizala a propia persoa socia ou cederse a outra persoa).
- – Acceso anticipado e prioridade de inscrición nas actividades, asegurando a vosa praza fronte ao resto do público.
- – Descontos exclusivos en actividades infantís, campamentos, programación especial, etc.
Para calquera dúbida ou consulta, podes poñerte en contacto con nós a través do correo electrónico info@vigopesqueiro.com ou por teléfono 671 459 549, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 h.
*Será necesario cubrir un formulario por cada nova alta.


