VISITAS GUIADAS Á NOSA PRIMEIRA INDUSTRIA

Se o medimos por magnitudes económicas, Vigo é a capital española da pesca e referente no ámbito internacional, pois en Europa é líder de pesca fresca para o consumo humano. A actividade da pesca extractiva en Vigo sostén 9000 empregos directos e case 5000 indirectos, só dentro do porto, en máis de 350 empresas, xerando unha facturación superior aos 3000 millóns de euros ao ano. Cada persoa embarcada nun buque pesqueiro xera algo máis de catro postos de traballo en terra nos sectores da comercialización, o procesado e a transformación.

Pero os datos económicos, por contundentes que resulten, sempre palidecen cando se contrapoñen á importancia social. Estamos a falar da pesca como traballo, por tanto, referímonos a unha actividade humana desenvolvida durante séculos e que deu lugar a dinastías familiares, a tradicións transmitidas de pais a fillos, a un coñecemento e a unha experimentación constante para obter os mellores resultados.

Esta fermosa tradición, a grande historia e as pequenas historias que a forman, están casadas nestes tempos con novas achegas como a aparición da máxima tecnoloxía e o ascenso na nosa escala de valores do respecto polo medio ambiente, especialmente polo medio mariño.

De todo isto trata esta ruta: de valorar tanto o traballo como o produto, de sorprenderse con «historias de vellos» e tamén coas modernas tecnoloxías, de agradecer unha boa marea pero sen perder de vista o obxectivo de alcanzar unha pesca sustentable.

Da man de FUNDAMAR imos mostrar que, detrás dese delicioso peixe que tanto che gusta, escóndese o esforzo e o saber facer de moita xente. Esperámoste.

PROMOVE:

COLABORA:

SUBSCRÍBASE Ó NOSO BOLETÍN

En Vigo Pesqueiro temos moitas cousas que contarte, así que non perdas ninguna nova, novidade, evento ou proxecto que realicemos.

MOITAS GRAZAS A TÓDALAS INSTITUCIÓNS, ASOCIACIÓNS E EMPRESAS QUE COLABORAN NESTE PROXECTO QUE TEN POR OBXECTIVO MOSTRAR A ESENCIA DA NOSA CIDADE E O MODO DE VIDA DAS NOSAS XENTES.