
Actividades educativas para centros escolares
Fecha:
--Hora:
--Sitio:
Varios
A través de rutas guiadas e actividades didácticas, o alumnado achegarase á historia, á realidade actual e á importancia da actividade pesqueira do Porto de Vigo, coñecendo de primeira man o funcionamento do porto, os oficios vinculados ao mar e o valor do sector pesqueiro como parte esencial do patrimonio económico, social e cultural da cidade.
As propostas combinan aprendizaxe, experiencia directa e sensibilización ambiental, favorecendo a comprensión da relación entre o mar e a sociedade, así como a necesidade de coidar e protexer o medio mariño.
Actividades dispoñibles
-
Visita ao Porto de Vigo.
-
Obradoiros de marisqueo.
-
Contacontos.
-
Obradoiro de algas.
-
Dinámicas de recoñecemento e sensibilización ambiental.
-
Outras actividades didácticas adaptadas a diferentes idades e niveis educativos.
Deixámosvos aqui o noso Dossier de actividades, con toda a información detallada sobre as visitas e obradoiros, para que lle poidades botar unha ollada . 😉


