Desde Vigo Pesqueiro temos unha actividade que sempre fai moita ilusión aos pequenos (e non tan pequenos), onde poden mergullarse de cheo no marisqueo como auténticos profesionais.
Este é o Taller de Marisqueo!
Para realizar a actividade, como non, adentrámonos na praia, onde coa axuda dun verdadeiro mariscador podémonos achegr e coñecer de primeira man como é o seu oficio, como traballan, que tipo de especies capturan, as ferramentas que empregan para levar a cabo a súa xornada, etc.
Pero iso non é todo, posto que esta actividade vai máis aló da teoría, e, con pa e cubo en man, están preparados para mollarse os pés en procúra das ameixas! Convértense en mariscadores profesionais por un tempo para tentar atopar baixo a area a súa captura do día.
Con supervisión do mariscador, saberán que tipo de bivalvo atoparon (ameixa babosa, japónica, berberecho…) e se posúen as tallas correspondentes de captura, ou polo contrario, se deben volver enterralas na area para deixar que poidan seguir crecendo e madurando.
Para rematar deixaremos que o mariscador continúe co seu traballo e volveremos algo máis concienciados sobre este tipo de arte de pesca, aprendendo a través do entretemento.
E non acaba aí, hai diversión tanto na praia como no papel! A través dunhas fichas preparadas para o grupo, os participantes poderán repasar o aprendido na actividade, e poñer a proba a súa atención, mostrando quen ten potencial de ser un verdadeiro mariscador!
Animámosvos a non deixar pasar a oportunidade de experimentar esta actividade, esperámosvos para esta e máis!