Queres coñecer a capital europea da pesca?

En Vigo Pesqueiro queremos ensinarvos o noso patrimonio industrial a través de distintos roteiros e actividades:

PERCORRE. Roteiros a pé ou en autobús visitando os principais puntos de interese do sector pesqueiro. Nestas actividades poderás coñecer a historia do porto e a cidade a través do desenvolvemento e industrialización do sector, e visitar algunha das súas empresas. Aprenderás a identificar as distintas frotas, especies e coñecerás aos distintos actores que interveñen na cadea de valor do sector.

DESCOBRE. Visitas puntuais a actores claves do sector: barcos pesqueiros, lonxas, estaleiros, institutos de investigación, empresas de comercialización e transformación, centros de interpretación, museos, etc.

NAVEGA. Se queres coñecer o sector desde o mar esta é a túa actividade. Gozarás dun roteiro marítimo guiado coñecendo todo o patrimonio material e inmaterial da ría de Vigo.

Calendario de actividades

SUBSCRÍBETE AO NOSO BOLETÍN DE NOTICIAS.

En Vigo Pesqueiro temos moitas cousas que contar, así que non perdas ningunha noticia, novidade, evento ou proxecto que realicemos.

MOITAS GRAZAS A TÓDALAS INSTITUCIÓNS, ASOCIACIÓNS E EMPRESAS QUE COLABORAN NESTE PROXECTO QUE TEN POR OBXECTIVO MOSTRAR A ESENCIA DA NOSA CIDADE E O MODO DE VIDA DAS NOSAS XENTES.

Kit Digital