Nesta edición do Vigo SeaFest 2022 organizamos de novo diversas actividades, coas cales quixemos introducir a importancia que ten o mundo marítimo pesqueiro na nosa cidade.
Entre elas destacaron as Visitas a Lonxa de Peixe de Vigo, onde xa de madrugada puidemos ver o ajetreo que se vive no porto, as tarefas que se levan a cabo, e todas as especies que se comercializan nel.
Nos Descobre un Buque, entramos no buque escola Valentín Paz Andrade, e aprendemos os usos desta embarcación, tódolos seus recunchos (salas de máquinas, ponte, bodegas,…), podendo preguntarlle tódalas nosas dúbidas ao patrón.
Para ensinar máis de preto como é o traballo no porto fixemos varios Percorre “Porto Pesqueiro máis un viveiro de Marisco” e “Porto Actual e Porto de Orixe”. Neles camiñamos parte da súa extensión, adentrámonos nalgunhas das súas instalacións, contamos anécdotas do día a día, e, como non podía faiar, có primer percorre visitamos un viveiro de mariscos, onde distinguimos diversas das especies coas que traballan. E no segundo, descubrimos moitos dos edificios do casco vello de Vigo que teñen unha relación super estreita có mar.
Tamén tivemos varios obradoiros, onde as Redeiras e as Mariscadoras foron as nosas mestras! Mostráronnos a importancia do seu traballo, as técnicas que empregan, e incluso deixáronos poñernos na súa pel, podendo diseccionar unha ameixa para poder ver as súas partes, ademáis de comprobar a dificultade de coser os cadradiños das redes.
E por suposto, o rei das nosas actividades non foi outro que Os Navega Patrimonio Industrial Pesqueiro da Ria de Vigo. Unha visita onde desfrutamos dunha maravillosa viaxe pola ría a bordo dun catamarán, a vez que aprendemos sobre as industrias que se desenrrolaron nesta entorna. Comezando no Porto Vigo, e adentrándonos no interior da ría, chegando a Redondela.
E todo isto podendoo compaxinar á vez coa diferente oferta gastronómica e de ocio do festival!
A verdade que pasáronsenos os días voando, e xa estamos ansiosos por que chegue xá a edición do ano que ven. Agardámosvos!!