por vigo_pesqueiro

O martes 4 de Abril tivemos unha das nosas visitas habituais ao porto e ao viveiro de mariscos, onde nos acompañaron persoas de diferentes lugares sendo para moitos deles a primeira vez que visitaban a cidade de Vigo.

Tanto os adultos coma os nenos estiveron moi participativos en toda a visita, na cal puideron na cal puideron ver os difrentes tipos de pesca e embarcacións. A moitos deles, incluso lles sorprenderon algunhas profesión que se encontran no porto, como por exemplo, a das redeiras!

Cando chegamos ao Viveiro López Novoa, puidemos experimentar as baixas temperaturas tanto da cámara de fresco como da cámara de conxelado, onde se atreveron a entrar sen dúbida algunha. E trala exlicación e a demostración das especies que hai nas piscinas do viveiro, algún quedou coas ganas de meter un par de centolos ou bogavantes na mochila e lavalos para casa. Ademais, para moitos deles era a primeira vez que vían estas especies e as observaban con gran curiosidade.

Rematando o noso percorrido polo porto, a nosa guía mostrounos a gran importancia que teñen as Illas Cíes para a ría de Vigo, así como a gran lonxa de peixe, onde puidemos aprender os procesos da subasta, así como o cargamento de camións e a limpeza das instalacións.

Dende FUNDAMAR, a través do noso programa Vigo Pesqueiro, queremos agradecer a todos os participantes por ter asisitido a nosa visita polo porto de Vigo.

E a vós, esperámosvos na próxima!