O 22 e 23 de xullo chegaron ao porto de Vigo varios dos grandes veleiros clásicos que participaron no Roteiro Iacobus Maris.
Menuda maravilla ver cómo estas embarcacións adentrábanse na ría coas súas velas depregadas. Un verdadeiro espectáculo!. Ademáis puidemos ver de preto como as súas tripulacións traballaban para amarrar ditos barcos no porto.
Para varios dos rapaces que participaron como parte da tripulacion do barco Atyla ship, fixemos unha pequena visita pola cidade. Comezamos en porto cultura e pasamos pasando polo casco vello, onde fumos contanto toda a historia da nosa cidade e a súa relación có mar, chegando ao miradoiro da Oliveira na rúa de Alfonso XII, onde tivemos unhas vistas marabillosas da nosa ría e da industria maritima do porto de Vigo, e rematamos no barrio do Berbés.
Hai que mencionar que foi tamén a propia tripulación quenes nos acompañaron durante a nosa visita polos veleiros, ensinándonos cada recuncho das embarcacións (camarotes, zonas de común, timón, etc). Pois quen mellor que eles coñecen en profundidade a historia, as características do barco, e cómo traballar nel durante as travesía?.
Deste xeito coñecemos alguns destes barcos, como o veleiro Atyla ship, o Hidria Segundo e a Carabela Veracruz.
E sen deixar atrás a propia historia da Traslatio, a gran protagonista desta viaxe. Roteiro o cal conmemora a viaxe do corpo do Apóstolo Santiago dende o porto de Jaffa (antiga provincia do imperio romano en Palestina) ata Santiago de Compostela, atravesando o Mare Nostrum de Oriente a Poñente ata chegar a Galicia.
Unha marabillosa viaxe que nun barquiño destes ata a nós nos gustaría facela, verdade?