por vigo_pesqueiro

Esta semana os nenos e nenas do CEIP García Barbón viñeron a coñecer o Porto de Vigo, e sobre todo con moitas ganas de divertirse ademáis de aprender.

Algúns deles xa tiñan coñecementos do noso vocabulario mariñeiro e puideron úsalo durante toda a visita, onde a nosa guía facía de capitá e eles, como bos mariñeiros, ían seguindo as súas ordes.
Na visitamos a lonxa de peixe ensinamoslles as diferentes artes de pesca: o cerco, o arrastre…, así como as diferentes especies que se pescan con cada unha. Podendo apreciar o lonxe que chegan os nosos barcos… os buques do calamar chegan as Malvinas!!


E incluso puideron poñerse na pel dos poxadores! Coa axuda duns cantos voluntarios interpretamos o proceso de chegada do peixe a lonxa y como se fai a poxa a baixa, intentando o resto dos compañeiros puxar polo mellor prezo.


Para rematar visitamos un Viveiro de Marisco, onde aprendemos cómo funcionan as súas instalación. Puidemos apreciar o frío que desprenden os seus conxeladores, e os viveiros onde se atopaban as centolas, as nécoras, as langostas… . E coa axuda do noso guía Alberto íamos vendo as diferenzas entre cada especie, xunto cas súas características.

Deunos tanta envexa velo coller os centolos e langostas, que incluso máis de un comezaba a arremangarse para atrapalos eles mesmos e levalos para casa.

Unha visita moi completa coa cal moitos deles non querían rematar, pero agardámolos para outra!



Deja un comentario