por vigo_pesqueiro

Revive connosco a experiencia da nosa visita guiada polo porto!

O 5 de abril, mergullámonos nunha xornada chea de aprendizaxe e diversión mentres explorabamos o noso porto local. Acompañados polos alumnos da ESO do IES Álvaro Cunqueiro, puidemos penetrarnos no corazón do porto e presenciar de preto a actividade marítima-pesqueira.

Desde barcos máis pequenos, como os cerqueiros, ata grandes palangreiros, pasando polas redeiras e o seu labor, así como a dos cetreros, quedaron impresionados con que tivésemos aguias!

Cada recuncho do porto ofreceunos unha nova perspectiva sobre o comercio marítimo e a súa importancia para a nosa cidade de Vigo.

Ao chegar ao viveiro López Novoa experimentaron de primeira man o frío que fai tanto na cámara de fresco como na cámara de conxelado, desta última algún saíu tiritando!

Rematando coa visita descubriron a importancia que ten as Illas Cíes para a nosa ría de Vigo e por conseguinte para o noso porto, visitamos as lonxas e coñecimos o seu sistema de subasta.

 

Quedamos encantados con este grupo, moi interesados no que se lles explicaba, ¡sobre todo gustoulles o viveiro!

 

E xa sabedes, ¡unídevos as nosas próximas visitas guiadas para vivir as mesmas experiencias!