por Vigo Pesqueiro

O 25 de Maio uníronse á ruta de Vigo Pesqueiro, máis dunha decena de persoas para visitar este recurso tan importante en o Porto de Vigo.

Durante o mediodía, que é cando realizan a poxa de luns a xoves, tivo lugar unha visita guiada ás instalacións da lonxa de Mariscos da man do coordinador da lonxa e membro da Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo.

A confraría está especializada en Comercio por xunto de peixes e outros produtos de pesca e da acuicultura.

A visita deu comezo na entrada principal da lonxa, e acto seguido realizamos unha visita guiada polas instalacións para coñecer o sistema de poxa, a mercadoría, as especies, os actores principais.

18698277_1861521040765489_4840179123523774279_n

O técnico da confraría explicounos as diferentes especies que se comercializaban e poxáronse durante o mediodía.

Croques, Navallas, Ameixa fina, Ameixa Japónica, etc. a que máis valor alcanzou foi a Ameixa fina chegando alcanzar 54 euros o quilo!

18670792_1861521084098818_2360803938285887291_n

E o que menos valor alcanzou foi o Croque chegando alcanzar os 1.90 euros o quilo!

E .. comeza a subasta!! Os compradores permanecen atentos ao panel dixital, aos prezos, aos seus mandos a distancia para poxar ao mellor prezo.

Unha vez adquirido o produto revisan ben o contido para comprobar que está en perfectas condicións.

18698368_1861514174099509_2465029674872691219_n

Temos que agradecer tanto á Confraría como aos distintos compradores que ao finalizar a subasta responderon moi amablemente a multitude de preguntas, xa que quen mellor que eles para explicarnos porque poxan por un produto ou por outro.

DSC_7390

A maioría dos compradores son distribuidores e viveiros de mariscos que compran aquí os seus produtos para ofrecer despois aos seus clientes por todo o mundo.

Reiteramos o noso agradecemento á Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo polo seu inestimable e desinteresada colaboración.

Para máis información sobre esta ruta, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao: 610312685

 



Related Post

Deja un comentario