SÁBADO 10 DEC ás 11:15 h
Rúa José Fernández López. s/n
Chapela – Redondela
Tras a nosa extraordinaria experiencia no planetarium do Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico (moitas grazas ao profesor Juan J. Louro, foi unha delicia), poñemos de novo en marcha unha das nosas rutas DESCOBRE.
Nesta oportunidade trátase dunha interesantísima visita guiada a unha das empresas máis representativas de Galicia. O grupo “Nova Pescanova”, nacido en 1960, está presente en máis de 27 países do mundo, e ten uns 12.000 empregados. “Nova Pescanova” foi sempre un exemplo de innovación: innovou cos buques conxeladores, coas empresas mixtas, ou coa súa liña de produtos. Descubrir o seu “saber facer” levounos a organizar esta visita que seguro non defraudará a ninguén.
Información e reservas: info@vigopesqueiro.com Tel. 610 312 685
Capacidade máxima: 30 persoas. Por razóns de seguridade, non se admiten menores de 8 anos.