por vigo_pesqueiro

Nótase o verán está ao virar a esquina…

Volven os campamentos do Verán Vigo Pesqueiro 2024!!

 

 

Por se nos botábades en falta aquí volvemos cunha segunda entrega, e este ano traemos novidades!

Os pequenos da familia poderán disfrutar dun auténtico campamento mariñeiro do 1 de xullo ao 9 de agosto, con semanas cheas de diversión asegurada!

 

 

Nesta ocasión, por se o ano pasado fíxosevos curto, celebraremos 3 EDICIÓNS de 2 semanas de duración cada unha, e que poderán funcionar de maneira independente, é dicir, se non queredes inscribirvos na edición completa podedes escoller a/s semana/s na/s que queirades participar.

Ademais acordádevos que se traedes aos vosos irmáns/ás poderedes dispoñer dun desconto do 10%.

Non deixedes pasar esta oportunidade de gozar ao máximo, coñecer novos amigos e vivir novas experiencias!

 

 

Un campamento onde coñecer de primeira man o sector marítimo pesqueiro, de forma entretida e emocionante con diferentes aventuras en sitios como a praia de Canido ou a do Vao (con contacontos nesta última!), e onde converterse en verdadeiros mariñeiros e piratas a bordo do noso campamento, con procura do tesouro e xincana mariña incluída!

 

Reserva xa a túa praza mediante o seguinte formulario!

–> https://forms.gle/1xNPGCKMMrzragYq5

 

E se queredes saber máis podedes botarlle unha ollada ao noso DOSSIER coas nosas novas Actividades!

 

Non te quedes sen poder vivir este verán pesqueiro connosco!