por vigo_pesqueiro

Unha das nosas paradas habituales é a de “Gonzalo de Vigo”, sabedes quén foi??

Foi un mariño galego do século XVI, bautizado como o “Robinson Gallego” , que participou na expedición de Magallanes de 1519 da que desertou, vivindo durante catro anos cos indíxenas das Illas Marianas.

Ata o 2013 non escoitaramos falar de él, cando o profesor e investigador de Traducción e Interpretación da Universidade de Vigo, Óscar Ferreiro, rescatao para sempre do olvido, durante as investigacións da súa tesis sobre os “mediadores lingüísticos e intérpretes nas Reais Audiencias, os tribunais que existían na Península e nas Américas”.

¿E, qué ten que ver Gonzalo de Vigo coa facultade de Traducción? ¿pero este home, non era navegante?

Pola información dos escritos de Andrés de Urdaneta e da “Historia general y natural de las Indias” de Gonzalo Fernández de Oviedo e Valdés, que relata os acontecementos da expansión ultramarina castelá, entre os anos de 1492 e 1549, sabese que foi un “Girubassa” palabra malaya (na actualidade jurubahasa) que significa “intérprete”; Ven sendo un termo composto de juru, que significa experto, e bahasa, é dicir, lingua.

Gonzalo, fillo de Rodrigo Álvarez e Isabel Martínez, nacería en Vigo nunha fecha incerta de finais do século XV e inicios do XVI. En setembro de 1519 partía de Sanlúcar de Barrameda, nunha das cinco naves da expedición de Fernando de Magallanes, que sería a primeira en dar a volta ao mundo.

Gonzalo era membro da tripulación da Nao Trinidade, que xunto a Victoria serían as únicas naves que chegaron ás Illas Molucas, las Illas das Especias, en Indonesia, en novembro de 1521. Un mes despois, A Nao Trinidade sufriría un accidente , polo que se decide regresar a América, a través do Océano Índico, aproveitando os ventos da estación.

Era unha viaxe penosa, case un suicidio: descoñecemento das correntes mariñas, fortes tempestades, escorbuto e máis enfermidades, todo iso, sumado á fame, causou numerosas mortes a bordo. Era agosto de 1522 cando a Nao arribou ls Illas Marianas, coñecidas coma as Illas dos Ladrones, así que Gonzalo, xunto con dous compañeiros portugueses, decidiu desertar.

Sabemos que sobreviviu e que se integrou xunto a os locais, que aprendeu as súas costumes e as linguas de varias illas, como o malayo, pois na expedición de García Jofre de Loasía encontraron ao Mariño na Illa de Guam catro anos máis tarde

Urdaneta describiu así o seu encontro:

“…hallamos un gallego que se llama Gonzalo de Vigo, que quedó en estas islas con otros dos compañeros de la nao de Espinosa, e los otros dos muriendo, quedó él vivo, el cual vino luego a la nao e nos aprovechó mucho porque sabía la lengua de las islas…”.

Gonzalo Fernández de Oviedo, pola súa parte, relata así o encontro:

Nunha illa chamada Botahá Viulle un cristiano nunha canoa que hablándolles en castelá  dixolles: ‘En buena hora vengais, señor capitán, maestro y la compañía’. Y los de la nao con mucho placer le respondieron que fuesse bien venido, y preguntáronle que con quién avía ydo á aquellas partes, y respondió así:

‘Señores, yo soy uno de los del armada del capitán Magallanes, y saíme de la nao del capitán Gonçalo Gómez de Espinosa, quando tornó á arribar al Maluco. No pudiendo yr á la Nueva España, y porque en essa saçon se morían de çierta dolencia en la nao, salimos yo y otros dos compañeros portugueses por miedo de morir, en la isla mas çercana del Norte, y allí mataron los indios á los otros dos compañeros mios por çiertas sinraçones que ellos acometieron, y después me passé de allí con unos indos á esta isla de Botahá; y soy gallego y me llamo Gonçalo de Vigo, y sé muy bien la lengua de las islas’.

El papel de Gonzalo de Vigo foi clave para que españois y portugueses poidesen conquistar aquelas terras . Da súa vida persoal non hay moitos datos, pero a súa labor como intérprete está documentada en diversas crónicas da época, onde eloxiase o seu papel como mediador.

Gonzalo de Vigo, despois de ser rescatado polo profesor  Óscar Ferreira, foi inmortalizado en bronce polo escultor vigués José Molares, por un encargo da Autoridad Portuaria no ano 2017, nas inmediacións do porto pesqueiro do Berbés, en Portocultura. Ao seu lado, outros Navegantes singulares: os monolitos de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano, inaugurados no ano 2019  para conmemorar os 500 anos da circunnavegación da Nao Victoria, que foi a única que consiguiu voltar.

Para saber máis sobre as aventuras de Gonzalo de Vigo:

  • Autoridad Portuaria  Vigo (Archivo del Puerto. Efemérides 52)
  • Faro de Vigo :“Gonzalo de Vigo, Robinson Gallego”
  • El español :“Gonzalo de Vigo, el náufrago gallego que conquistó el Pacífico”


Deja un comentario