por vigo_pesqueiro

Este mes de maio multiplicáronse as visitas ao  porto con “Vigo Pesqueiro” pola colaboración entre  “Fundamar”, Fundación para a pesca e o marisqueo, e “Viaxes InterRías”, que é o principal turoperador de grupos e circuitos de España.

Os grupos,chegados principalmente de Madrid, pasan unha semana de viaxe por Galicia,  e chegan a Vigo en autobús para coñecer o porto do que proceden eses peixes e mariscos galegos que tanto se venden nos seus mercados. A visita comeza cun  percorrido panorámico en autobús polo porto pesqueiro. Os visitantes sorpréndense  polas súas dimensións,  por atoparse no  primeiro porto comercializador de peixe para consumo humano de España e do mundo,  e da importancia socioeconómica do mesmo, posto que a pesca extractiva , directa e indirectamente , consegue dar traballo a case 33.000 persoas

Despois dunha volta panorámica en autobús, a visita continúa no  interior das Lonxas:

Primeiro visitamos o “Mercado”, onde se despachan principalmente especies de baixura e grandes peixes. Impresiona cruzarse con atúns ou peixes espada, que polo seu tamaño  se subastan por unidades. A superficie útil do edificio, supera os 16.000m2, onde se traballa con rapidez e eficacia. Continuamos polos corredores que semellan non rematar nunca e chegamos  á “Lonxa” , que ten unha superficie de 35.000m2 e onde se subastan principalmente ás especies chegadas do Gran Sol.

Para coñecer de primeira man como funciona unha das centos de empresas que se asentan no porto, e para achegar aos nosos visitantes á mellor gastronomía galega, visitamos unha cetaria, para achegarnos á vida que levan nos viveiros esas especies tan curiosas e saborosas como centolas, langostas ou lubrigantes, coñecendo como se distinguen por sexo, por orixe e  por tempos de cocción.

A visita non remata aí, os grupos quedan desexosos de ires visitar a orixe do porto pesqueiro, e o “Casco Vello”, onde degustar a mellor gastronomía das Rías Baixas.

Unha paisaxe dinámica , esta portuaria.; atopámonos con estampas que nos trasladaron ata o século XVI e na homenaxe ao monolito de “Elcano” e “Magallanes”, novos compañeiros de Gonzalo de Vigo, todas elas pezas do escultor José Molares.

Con outro, viaxamos ata o século XVIII , admirando a Fragata rusa do 1779 “Shatandart”, que así navegaba ao carón da frota pesqueira.

Outras estampas, xa máis actuais , na que enormes cruceiros atracan, case o carón da nosa frota máis artesanal.



Deja un comentario