por vigo_pesqueiro

 

Cada mes de setembro o porto pesqueiro vístese de gala coa “Festa do Marisco”, que este ano celebraba a súa XVII edición. Para Vigo Pesqueiro este mes de setembro foiche tamén moi marisqueiro, posto que tivemos varios “percorre” porto pesqueiro  e “descobre” lonxa de mariscos ou descobre “viveiro de mariscos”, cun público moi variado:  familias, grupos de empresa, grupos de maiores,  e por suposto, tamén cos seguidores do programa, con quen tivemos “xornada de sementeira” no banco da Guía xunto aos mariscadores

.

 

A subasta do marisco ten lugar de luns a xoves ás 15.30 da tarde. Agradecemos todos os coñecementos que o biólogo e membro da Cofradía compartiu con tod@s @s participantes que se interesaron por saber máis acerca do mellor marisco do mundo: navallas, longueiróns, croques e os canda menos seis tipos de ameixas: fina, babosa, xapónica, rubia…

Ollo! Porque os prezos sonche ben distintos entre as variedades, así que eiquí aprendimos algún trucos para diferenciar estas especies de mariscos bivalvos das nosas rías.

E das ameixas e croques na Lonxa de Mariscos seguimos visitando máis delicias do mar  nun dos viveiros colaboradores do programa “López Novoa, Pescados y Mariscos”e organizadores da “Festa do Marisco”. Alí nos reciben sempre con grande amabilidade, e cóntannos todas as curiosidades destas especies famosas no mundo enteiro. Un viveiro de mariscos que está na vangarda, contando incluso con tenda on-line: pescadosmariscosgalicia.com,  sen esquecerse endexamais da tradición.

Pero non solo o marisco foi o protagonista deste mes de setembro; pasear polas instalacións portuarias do Berbés éche sempre un espectáculo, tanto che pode coincidir presenciar unha descaraga de marraxo, como cruzarte cun impresionante peixe espada, pensade que poden chegar a medir 4 metros e pesar máis de 500 quilos!!!

Desde FUNDAMAR, agradecemos a boa disposición de tod@s @s participantes e colaboradores , o seu bo humor e as súas achegas e colaboración co programa de actividades de Vigo Pesqueiro. Se queres recibir as nosas novas non dubides en suscribirte ao noso boletín en www.vigopesqueiro.com

Deica pronto!