Durante os meses de febreiro e marzo acompañáronnos nas nosas actividades dúas entidades de referencia na nosa cidade: APAMP e DOWN VIGO.
APAMP visitou o viveiro de mariscos López Novoa, onde os participantes identificaron con curiosidade as diferenzas das distintas especies: nécoras, centollas, bogavantes, etc.
Juan, xerente de López Novoa e o mellor dos anfitrións, acompañoulles na visita e, co entusiasmo que lle caracteriza, explicoulles os tipos de marisco que nos atopamos no mercado e deixoulles tocar varias das especies que teñen na súa cetaria.
Pola súa banda, DOWN VIGO participou nun ¨PERCORRE¨ polo Vigo máis ¨pesqueiro¨, atravesando as rúas do Casco Vello, coñecendo a historia da nosa cidade e finalizaron a ruta coa visita a un buque pesqueiro conxelador, mesmo barco que, días despois, coñecería outro grupo a través dun ¨DESCOBRE¨.
Os participantes en ambas as visitas puideron achegarse ás peculiaridades da vida no mar, a duración das mareas, ver os camarotes onde dormen os tripulantes, así como o comedor e a cociña do barco.
Desde entón, todos comen máis pescado e marisco!
A participación de colectivos como DOWN VIGO e APAMP nas actividades de Vigo Pesqueiro bríndanos a oportunidade de colaborar no obxectivo de contribuír á súa plena integración na sociedade.
Moitas grazas por todos os sorrisos regalados!