O pasado 7, 8 e 9 de Xullo tivo lugar o Vigo SeaFest, un festival que vén para quedar, cheo de cor, bo ambiente, música e moito peixe, promovido e organizado por un dos patróns de FUNDAMAR: a Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo (ARVI),
O Vigo SeaFest ponse en marcha co obxectivo de achegar o sector pesqueiro á cidadanía, dinamizando o sector a través dun evento de tres días cheo de actividades para os máis pequenos e tamén para os seus pais , xa que había desde talleres creativos, xogos, clases de cociña, degustación de pratos elaborados por grandes chefs vigueses, nun enclave perfecto dentro da nosa cidade.
FUNDAMAR como entidade promotora do programa Vigo Pesqueiro, participou neste certame cunha caseta propia onde se deron a coñecer, ademais dos proxectos que se realizan a través da Fundación, as actividades que se realizan desde o programa Vigo Pesqueiro.
Durante os tres días, Vigo Pesqueiro, organizou varias experiencias relacionadas co sector, desde visitar a lonxa de peixe, observa r como se traballa nunha cetaria, descubrir un buque pesqueiro por dentro ou navegar pola ría de Vigo foron as actividades máis destacadas durante esta primeira edición do festival.
Desde Vigo Pesqueiro queremos agradecer á organización do Festival, a ARVI e a Autoridade Portuaria por colaboración e felicitar á organización polo gran traballo que realizaron.
Para máis información sobre as nosas rutas, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao: 610312685