por Vigo Pesqueiro

O pasado 13 de Xuño, Vigo Pesqueiro organizou unha visita a un dos estaleiros máis importantes de Vigo.

Vigo é unha das cidades máis industriais do noroeste de España, conta con máis de 400.000 habitantes, ten unha gran ría natural con varios estaleiros de construción e reparación de buques, así como, de peiraos de atraque e talleres navais de distintos tipos, caldererías, mecánicos, eléctricos, de frío industrial, etc.

DSC_7469

A súa historia remóntase ao ano 1.916 fundada por Francisco Cardama Godoy dedicándose xa desde a súa fundación á construción e reparación de buques.

Durante a xornada acompañounos un cámara da TVG, onde os participantes puideron dar a súa opinión sobre esta visita guiada e as distintas actividades que organiza Vigo Pesqueiro mensualmente.

DSC_7472

Os participantes puideron visitar as súas instalacións , realizar fotos ás estruturas, e observar as distintas técnicas de soldadura.

Puideron visitar un buque multipropósito de inspección pesqueira por dentro e  observar as distintas dependencias do mesmo, chamado Cardama-242 e amarrado nos peiraos do estaleiro vigués Cardama.

DSC_7480

Buque multipropósito Cardama-242 de inspección pesqueira

 

Desde Vigo Pesqueiro queremos agradecer ao equipo humano de  Cardama , pola súa amable e inestimable colaboración. O acceso a  instalacións como a súa é o que nos permite ter un maior coñecemento do sector pesqueiro e todos os actores que no interveñen.

DSC_7470

Para máis información sobre esta actividade, podes contactar connosco neste correo: info@vigopesqueiro.com  ou chamando ao: 610312685



Related Post

Deja un comentario