por Vigo Pesqueiro

O pasado 30 de maio máis dunha decena de persoas uníronse á visita de Vigo Pesqueiro para coñecer unha das empresas con máis historia e renome no sector pesqueiro dentro da Ría de Vigo.

Puerto Vieira, empresa que forma parte do Grupo Eduardo Vieira S.A., presta servizos de almacenamento frigorífico e loxística desde 1975.

Puerto Vieira  ademais de coñecer perfectamente  coñece perfectamente ao sector e contar cun gran equipo humano, posúen unhas magníficas instalacións con peirao propio e depósito aduaneiro en tres das súas cámaras.

DSC_7395

Durante a visita acompañounos o seu Xerente, Eduardo Vieira e Angel o responsable do frigorífico. Os participantes puideron realizar numerosas preguntas acerca das descargas, do tipo de peixe que se manexa no conxelador, a que temperatura se conservan as especies. Unha da anécdotas que máis lles chamou a atención foi cando nos contaron que a pel da quella (Prionace glauca), unha especie de quenlla, é utilizada nalgúns países asiáticos para facer pantalóns vaqueiros pola súa dureza e aspereza.

DSC_7405

Desde Vigo Pesqueiro queremos agradecer ao equipo humano do Grupo Eduardo Vieira S.A. a súa amble e inestimable atención, é grazas a empresas como a súa a que nos permite coñecer desde dentro o sector.

DSC_7409

Para máis información sobre esta ruta, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao: 610312685

DSC_7396



Deja un comentario