por vigo_pesqueiro

Unha visita para descobrer o funcionamento dunha das empresas  de máis longa tradición na cidade; unha empresa que soubo  adaptarse ás novas demandas do mercado, que soubo adaptarse aos novos tempos,  invertindo entre outras cousas, en actualización  e innovación de maquinaria a nível internacional.

@s participantes estaban a cursar unha formación pre- universitaria na “Asociación Down Vigo”. No curso, parte do temario toca o o tecido empresarial vigués, así que para completar a unidade que mellor xeito de facelo que coñecendo por dentro o funcionamento dunha empresa de referencia: “Cardama Shipyard” xa fundado no 1916 por Francisco Cardama Godoy. Un estaleiro que conta co recoñecemento de vigués distinguido e cuxa evolución ao longo deste século foi  inmortalizada polo artista Antonio Barbará con  escenas no muro exterior das súas instalacións e do seu portón principal.

Unha vez alí, da mans dos anfitrións do estaleiro,  fixemos un completo percorrido polas modernas instalacións, que contan con máis de 20.000 m² preparados para realizar calquera traballo de construcción, transformación e reparación naval.

Contan con seis vías de varada que permiten albergar buques de ata 100 metros de eslora e 15 de manga de ata 3.000 toneladas, contando cun peirao para reparacións de 70 metros para realizar calquera traballo a flote.

Ao longo do percorrido vimos cómo estaban preparando traballos para un cambio de hélice. Situámonos enriba das pranchas, “retais de barco”, coma se de cortar e coser se tratase; aprendimos tamén que para cortar a ferramenta que se usa é o soplete.

E para completar a visita fomos descobrer os segredos da vida a bordo ; seguimos aos nosos guías escadas enriba para coñecer un buque por dentro e por fóra, en palabras do noso anfitrión  “o pel e as tripas do barco” Tratábase dun buque de vixilancia e rescate,  o que ven sendo “a policía do mar”

Afortunadamente a protección ambiental  e prevención da contaminación son conceptos incorporados a estes novos buques.

Moi agradecid@s tanto a  “Asociación Down Vigo” como ao noso anfitrión o estaleiro “Astilleros Cardama” por abrirnos as súas portas para comprender como funciona unha empresa dun sector estratéxico da nosa cidade, un dos sectores máis importantes a nivel económico e social do noso  territorio e que configuran a nosa identidade.

Para máis información sobre as nosas actividades,  podes contactarnos neste enderezo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao telf.610312685



Deja un comentario