por Vigo Pesqueiro

O pasado 25 de Febreiro e o 6 de Maio uníronse á ruta de Vigo Pesqueiro, máis de 30 persoas para visitar este recurso tan importante na Ría de Vigo e na súa área metropolitana.

Durante media mañá tivo lugar unha visita guiada ás instalacións da ETEA, Escola de Transmisións e Electricidade da Armada Española, onde o Presidente de Marinetea e parte dos membros da Asociación, realizáronnos un itinerario en grao sumo entretido.

Marinetea, é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo fin exclusivo é manter vivo o espírito da desaparecida Escola de Transmisións e Electrónica e está composta por todas aquelas persoas que prestaron o servizo na Base Naval de Ríos ou na Armada que, a través da súa historia e vivencias, desexan rememorar todos os bos momentos vividos durante a estancia na Armada.

IMG-20170225-WA0021

Os participantes comezaron a visita na entrada da sede da asociación que alberga ademais doutras espazos un pequeno museo.

IMG-20170225-WA0008

Neste museo, os asistentes puideron observar radios antigas de transmisión marítima, fotos  antigas de xuras de bandeira, cambios de garda, así como, antigos uniformes tanto de muller como de home.

VISITA GUIADA ETEA

VISITA GUIADA ETEA

Posteriormente, o grupo realizou unha visita guiada polas inmediacións dos edificios en desuso, onde moi amablemente os membros da asociación Marinetea explicaron os seus diferentes usos e funcións durante a súa época de esplendor.

Antes de finalizar a visita os membros de Marinetea entregaron a cada participante un detalle no salón de actos e como non podía ser doutro xeito rematamos o percorrido cunha foto de familia moi ¨Vigo Pesqueiro¨.

IMG-20170225-WA0017

Desde Vigo Pesqueiro queremos agradecer á Asociación Marinetea o seu inestimable e desinteresada colaboración e felicitalos polo gran traballo que realizan polo mantemento do noso legado patrimonial.

Para máis información sobre esta ruta, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao: 610312685



Related Post

Deja un comentario