O pasado mércoles 19 de marzo os nosos amigos/as de Vigo Pesqueiro tiveron a oportunidade de coñecer a “Axencia Europea de Control e de Pesca”, unha peza fundamental no sector, e exemplo de razón pola que Vigo é considerada como a capital europea do sector pesqueiro.
A súa sede encóntrase na Rúa García Barbón, no “Edifico Odriozola”, realizado polo arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros no ano 1875; conta con unha elegante fachada, orixinal, e é un bó exemplo da arquitectura burguesa da cidade. Recoñécese porque pódese ver ondeando a bandeira europea.
Patricia, responsable de comunicación, déunos unha cálida benvida e acompañóunos ata a sala onde iba a ter lugar a actividade. De camiño, respirábase un ambiente moi internacional, e dímonos conta da actividade frenética da Axencia: con todas as salas ocupadas con reunións, seminarios, e formacións con participantes chegad@s de toda Europa.
A sala contaba cun fermoso marco iluminado, facendo referencia a esa carpintería de ribeira, recién protexida como “Ben de Interese Cultural”, en dúas dornas: “Habana” e “Bicoca”
Dende Vigo Pesqueiro queremos agredecer a cálida acollida déronnos, Patricia, responsable de comunicación, Miguel Nuevo, xefe de área e coordinación, e por suposto, a Pascal Savouret, director executivo, quen contando con unha apretada axenda de traballo cedéunos parte do seu tempo para darnos a benvida e comezar a explicación sobre o labor da axencia, a súa estructura, cómo funciona e a quén benefician as súas accións.
Na Unión Europea existen distintos tipos de Axencias; A Axencia Europea de Control Pesqueiro creouse no ano 2005, e a función principal é a de velar pola correcta aplicación da política pesqueira común da Unión Europea. Nela trabajan 63 persoas e están representadas 19 nacionalidades.
Faláronnos das ferramentas que úsanse para perseguir a pesca ilegal, por terra, mar e aire; contáronnos como o sistema que se usa é moi dinámico e se clasifica polo nivel de risco, e de como os distintos países realizan actuacións conxuntas para un mellor uso de medios humanos e materiales. É unha tarea complicada posto que en algúns países a responsabilidade de gardacostas lle corresponde a distintas administracións.
Outras das máis importantes funcións que realiza a Axencia e a Formación: formando aproximadamente 900 inspectores ao ano; apoyan tamén a os denominados terceiros países, ademáis da área de formación, na de lexislación, equipamento e operación.
Sabedes cantas inspeccións realizan anualmente? Pois atent@s ao dato: 27.000!! e índa que non o pensédes as tareas da Axencia Europea de Control e de Pesca é un servizo moi económico posto que saénos a 4 céntimos por ciudadano europeo.
Dende Vigo Pesqueiro e FUNDAMAR, como promotor do programa, queremos agradecer tamén a os participantes por apoyar a actividade e por suposto á Axencia por recibirnos e mostrarnos un pouco máis sobre o mundo da pesca sostible.