por Vigo Pesqueiro

O pasado 12 de xullo tivemos a fortuna de poder organizar, xunto coa Agrupación de Mariscadores/as “Illa de Toralla” un taller para os nenos e nenas do campamento de verán de APAMP Vigo.

Unha trintena de nenos e nenas entre 5 e 12 anos puideron gozar dun día cheo de aventuras e anécdotas marisqueando cuns auténticos profesionais.

DSC_7562

Démonos cita ás 10:30 na ETEA, xusto na porta da asociación Marinetea, cuxo obxectivo é manter vivo o legado, a historia da Escola de Transmisións e Electrónica da Armada. Os e as participantes puideron observar as instalacións por fora e gozar dun paseo á beira da Ría de Vigo, olleando as marabillosas vistas do Ponte de Rande , as bateas, os estaleiros, as praias, Cangas e Moaña.

Durante o taller de marisqueo tiveron a oportunidade de coñecer as distintas artes de pesca que utilizan os mariscadores durante o seu traballo, as ferramentas de traballo, as especies que capturan así como e cuestións de carácter ambiental que rodean á actividade.

Desde Vigo Pesqueiro queremos agradecer a APAMP por confiar en nós e aos mariscadores polo seu labor de concienciación, sensibilización e implicación coa iniciativa de Vigo Pesqueiro.

Para máis información sobre as nosas rutas, podes contactarnos neste correo: info@vigopesqueiro.com ou chamando ao: 610312685



Related Post

Deja un comentario