por vigo_pesqueiro

O pasado sábado 22 de xuño acercémonos ao importantísimo patrimonio a flote da man de “Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas”

Nosa visita comenzaba baixo “As Ondas do Mar de Vigo” de Martín Códax , que Pedro Sardiña inmortalizou neste fermoso mural , hinchando de lírica medieval  a “Casa do Patín” , casa de tipoloxía mariñera  que data de 1639, e ata a que antigamente chegaba o mar ; na actualidade rehabilitada como Biblioteca e Oficiña Municipal do Distrito, ese foi o noso punto de saída cara a visita. Decímoslles adeus á escultura de Asorey, quen inmoratalizou a Eduardo Cabello, inxeñeiro director da Xunta de Obras do Porto en 1909, e continuamos pola Rúa dos Alfolíes, que fai referencia a os almacéns de sal, que foron outra de vital importancia no comercio da época.

Ao carón da Iglesia de San Miguel, contamos historias de templarios, e tamén de piratas, e continuamos polo paseo ata a chavola dos Marineros de Bouzas, un verdadeiro museo, onde comenzaba a primera parte da explicación. Que, boas noticias, a carpintaría de ribeira foi recentemente protexida como BIC (Ben de Interese Cultural).

A continuación, fomos cara ao pantalán, onde mostraronnos as diferentes embarcacións tradicionais representativas de toda Galiza, das súas diferentes peculiaridades e da súa evolución: sabías que as actuais traiñeiras de competición teñen a súa orixe nas traiñeras de pesca?. E que a chegada a Galiza das traiñeiras non foi nada pacífica? Hubo enfrentamentos verbales e físicos entre mariñeiros por iso se lle chama a ese período como “Guerra da Sardiña”

Algo único é que no pantalán de Bouzas, é a única traiñeira de pesca que hai en toda Galiza: “Vigo Cinco”,  construída no ano 2005 pola Escola Obradoiro “Mar de Vigo” do Concello de Vigo, todo un museo que durante os meses de verén estará disponible para todo o público en horario de tarde.

Moitísimas grazas a todolos participantes e especialmente a Braulio, da “Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas” polo seu tempo e por transmitir con tanta paixón e coñecemento todo o relacionado cos barcos, utensilios e saberes do mar.



Deja un comentario