Comezamos as actividades de verán “Vigo Pesqueiro” con grupos de participantes que están a disfrutar das súas “Vacacións de Verán” en campamentos dunha semana de duración organizados pola “Asociación Special Olympics”, que traballa para promover a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual a través do deporte, o ocio, a cultura e o voluntariado. Os moz@s veñen de distintas zonas de Galicia, e temos a sorte de que escolleran o Vigo máis pesqueiro para disfrutaren do seu tempo de lecer. Durante todo o verán, e a través dunha boa selección das actividades de “Vigo Pesqueiro”, percorrerán a importancia que a pesca tivo e ten na orixe e crecemento industrial da cidade, coñecerán as historias do temido corsario Francis Drake, ou a dos tesouros de Rande.
Tamén navegarán a historia industrial da ría, clave para o desenvolvemento da nosa cidade a través de elementos tan característicos como antigas conserveiras, canteiras ou fábricas de salazón;
e algo máis dentro do seu programa de actividades: Descobrer o centenario mundo da construcción e reparación naval nos “Estaleiros Cardama”,
que na actualidade están consolidados como un dos estaleiros constructores de buques máis prolíficos de España, destacando a súa experiencia en proxectos de ámbito internacional.
Moi agradecidas a Special Olympics por incluirnos na súa programación de lecer estival
Feliz Verán para tod@s!!