Boas noticias! Museo do Mar e Salinae, dous espazos colaboradores de Vigo Pesqueiro, onde coñecer a profunda vinculación histórica dos/as galegos/as co mar, reabriron as súas portas esta mesma semana, na que tamén celebramos o “Día Internacional dos Museos”, nesta edición 2020, co tema “Museos pola igualdade: diversidade e inclusión”.
Foi un “mar” de case dous meses pechados, pero este martes 19 de mayo retomaban a actividade, porque #ACulturaSegue .
Todo adaptado á nova situación: persoal con máscaras, señal que nos indican por onde pasar e cando esperar, baños preparados para a nova situación, turnos de limpeza reforzados, e claro, prohibición de non tocar as piezas. Todo listo para que poidamos empaparnos da cultura do mar de xeito seguro. Eso sí, polo momento visitas guiadas de grupos o colexios non estarán permitidas. Porque podes perderte esta visita!.
O Museo do Mar, en Alcabre, ubicado nun entorno privilexiado, conta ademáis co castro, muelle, faro, xardín e tamén un acuario, coas especies máis representativas da nosa ría.
O edificio foi unha antiga fábrica de conservas, rehabilitado por César Portela, e inaugurado en 2002. Durante o percorrido polas súas salas descubriremos o Mundo Submariño, as curiosidades dos gabinetes científicos dos s.XVI e XVII, acercámonos á oceanografía, aos faros, e por suposto, ao desenvolvemento da actividade pesqueira a través da historia pesqueira en todos os seus ámbitos: a pesca, o marisqueo e a acuicultura, os métodos de conservación, dende a salgadura hasta o conxelado. Encontrarás moitas pezas interesantes, por exemplo o submariño de Sanjurjo Badía de finais do s.XIX, o reloxo e a bancada da subasta na Lonxa de Reloxo do porto pesqueiro do Berbés, ou a maqueta dunha batea mexilloneira.
Máis aló da mostra permanente, aproveitar para visitar a temporal exposición, en éstes intres: “Inventio Mundi, Galicia en las Viajes Transoceánicas, siglos XV-XVII
En canto a SALINAE, Centro Arqueolóxico do Areal , con esta visita descubrirás a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada, de todo o Imperio Romano. Unha forma de entender que a día de hoxe seamos capital europea da pesca, coa Lonxa do Berbés, porque as nosas oríxenes portuarias son moi antigas, e xa na época romana estaba en pleno auxe. Os romanos tiñan xa rutas comerciais coa nosa preciada sardiña, que exportaban en ánforas por todo o Mediterráneo , e incluso, ata o Báltico.
Por suposto, para a súa conservación, faría falta sal. A visita aO Centro Arqueológico SALINAE permite entender Á perfección o funcionamiento dunha instalación saliñeira, e cómo os romanos producían a sal.
Para saber máis: