por Vigo Pesqueiro

O luns, 5 de decembro, teremos unha visita moi especial. Achegarémonos ao Instituto Marítimo Pesqueiro do Atlántico para que Juan José Louro Lojo, profesor de Astronomía Náutica e Navegación, ensínenos a orientarnos guiándonos polas estrelas.

Non é unha tarefa fácil, pero contaremos coa axuda dun extraordinario Planetarium que foi o primeiro de España e o segundo de Europa, segundo recollía a noticia do Faro de Vigo na súa inauguración en 1966.

Pasaron moitos anos, o Instituto celebrou o pasado 2105 o seu 50 aniversario, pero o Planetarium funciona perfectamente e ademais conta co encanto especial do instrumental clásico.

En definitiva: unha experiencia fascinante que non che podes perder. Será o 5 de decembro ás 17:00h. Información e reservas info@vigopesqueiro.com e Tel. 610 312 685.

Achegámosvos unha ligazón ao NODO do 7 de febreiro de 1966, gravado con motivo da inauguración da por entón coñecida como Escola Náutico Pesqueira, que foi a primeira de España. Agradaravos velo: http://www.rtve.es/filmoteca/no-do/not-1205/1470078/sin-titulo-1



Related Post

Deja un comentario