Isto convertía a nosa cidade no punto neurálxico e estratéxico das comunicacións mundiales de boa parte do século XX.
Foi o 17 de mayo de 1873 cando a maior empresa de telégrafo submariño do mundo: a “Eastern Telegraph”, fundada por John Pender, inauguraba a comunicación telegráfico-submariña entre Porthcurno, na rexión de Cornualles, entre Inglaterra e Vigo, dentro dun proxecto para reforzar a liña Reino Unido-Lisboa-Gibraltar. A elección do porto de Vigo, foi a mesma pola que romanos e catalanes asentáronse nas nosas ribeiras, por ser un porto natural totalmente protexido polas nosas Illas, e con calado suficiente, perfecto para os buques que levaban cables.
O buque que inaugurou ese tendido do cable submariño foi O Buque Minia. Os Cables da Eastern foron amarrados nunha calita (onde tres anos mais tarde inaugurabase a casa de Baños “a Iniciadora”) e dende alí, pasaban á Rúa Real, nº 20, que é onde se encontraban as oficiñas da compañía.
Posteriormente, trasladaríanse á Rúa de Príncipe, por un breve período, para asentarse mais tarde na Casa Bárcena, hoxe sede de Afundación, un exemplo da mellor cantería galega en granito que poidamos encontrar na cidade. Como curiosidade, a partir do ano 1896, a “Deutse See Telegraphegesellcraft”, O Cable Alemán, inaugura as súas oficiñas neste mesmo edificio; Imaxinade qué situación durante o período da Gran Guerra…Pola presencia alemana na nosa cidade, Vigo aparecería no texto do Tratado de Versalles!.
Volvendo ao Cable Inglés, hay que dicir que a nova sociedade británica aquí asentada trouxo costumes ben excéntricas naquela altura, e que deixarían unha pegada moi importante na sociedade viguesa. Por exemplo, cando por España adiante non se escoitaba falar de Fútbol, aquí os oficiais da Eastern Telegraph xa disputaban partidos contra os locais dende 1895.
Pero non só practicaron fútbol, impulsaron tamén outros deportes, que en España, e moito menos na Galicia do século XIX, non estaban para nada desenvoltos; Así, no seu clube social , que estaba nos baixos do Hotel Moderno, os empregados da compañía contaban con salas de recreo con billares e mesas de ping-pong. Además xogaban ao tenis, practicaban remo pola ría, atletismo, hockey, e incluso, rugby. Outras das costumes que trouxeron foi a de beber cervexa, algo súper snob naquela época.
A última sede do Cable Inglés, ubicada no edificio de Correos e Telégrafos , funcionou en Vigo hasta o 31 de diciembre de 1969. Aquí estaba o famoso reloxo do Cable Inglés, que marcaba a hora en toda a cidade, sincronizado ao segundo co meridiano de Greenwich.
Posteriormente, Vigo chegaría a ser unha das tres bases europeas atlánticas de cables submariños, unha actividade que estivo en marcha dende o ano 1970 hasta o 2002. O almacén estaba no entorno do porto pesquero, no muelle de Trasatlánticos, onde foron inaugurados os Xardíns do Cable; de feito, esas formas ondulantes que teñen os Xardíns son os antigos silos que se conservan . Un de eles, é un punto de información moi completo sobre a historia das comunicacións na nosa cidade, de cando todas as noticias do mundo pasaban “Vía Vigo”.